O Traballo Fin de Máster consiste nun proxecto teórico-práctico sobre temas de nutrición desenvolvidos durante o Máster, con especial énfase nos aspectos prácticos, clínicos e de investigación.
Este traballo constará dun plantexamento inicial que derivará da discusión persoal entre alumno e titor, revisión bibliográfica do tema, implementación da metodoloxía, desenvolvemento e seguimento do procedemento clínico ou experimental, análise e valoración e graficado dos resultados, e conclusións do proxecto.
Calquera profesor incluido no cadro docente do Máster poderá ser titor do Traballo Fin de Máster, e calquera outro profesor sempre que o traballo sexa codirixido por un titor académico profesor do máster.
Regulamento do TFM
Curso académico 2022/2023
Documentos do TFM
- Compromiso de realización do TFM
- Autorización do titor
- Modelo de portada do TFM
- Directrices para a realización do TFM – Febreiro
- Directrices para a realización do TFM – Xullo
- Liñas/Temáticas TFM
Asignación do TFM
- Asignación do TFM 2022/2023
Entrega do TFM
Lugares de entrega ou envío interno dende calquera conserxería da Universidade:
- Vigo: Conserxería do CINBIO (Centro de Investigacións Biomédicas-Universidade de Vigo) nun paquete ou sobre dirixido a Lucas González Matías.
- Ourense: Conserxería da Facultade de Ciencias nun paquete ou sobre dirixido a: Lucas González Matías, CINBIO (Centro de Investigacións Biomédicas-Universidade de Vigo) 36310-Vigo.
- Por correo ordinario: Lucas González Matías, Centro de Investigacións Biomédicas (CINBIO) – Universidade de Vigo, 36310-Vigo.
Datas de defensa do TFM
Convocatoria | Visto e prace do titor | Solicitude defensa | Defensa (horario e tribunais) |
---|---|---|---|
Febreiro | Do 30 de xaneiro ao 3 de febreiro de 2023 | Do 30 de xaneiro ao 5 de febreiro de 2023 | Ourense ou Vigo: 8 de febreiro de 2023 ás 9.00 h |
Xullo | Do 3 ao 7 de xullo de 2023 | Do 3 ao 9 de xullo de 2023 | Ourense: 13 de xullo de 2023 ás 9.00 h Vigo: 14 de xullo de 2023 ás 9.00 h |