Requisitos de acceso

Segundo o RD 1393/2007, polo que se establece o ordeamento das ensinanzas universitarias oficiais (B.O.E. nº 260, de 30 de outubro de 2007) terán acceso ao Máster quenes reúnan algún dos seguintes requisitos:

  • Para acceder aos ensinos oficiais de Máster será necesario estar en posesión dun título universitario oficial español ou outro expedido por unha institución de educación superior do Espazo Europeo de Educación Superior que facultan no país expedidor do título para o acceso a ensinos de Máster.
  • Asímesmo, poderán acceder as persoas tituladas conforme a sistemas educativos alleos ao Espazo Europeo de Educación Superior sen necesidade da homologación dos seus títulos, previa comprobación pola universidade de que aqueles acreditan un nivel de formación equivalente aos correspondentes títulos universitarios oficiais españois e que facultan no país expedidor do título para o acceso a ensinos de posgrao. O acceso por esta vía non implicará, en ningún caso, a homologación do título previo de que esté en posesión a persoa interesada, nin o seu recoñecemento a outros efectos que o de cursar os ensinos de Máster.

 

Perfil de ingreso

Priorizaranse ademais da prelación anterior, as seguintes titulacións ou circunstancias:

  • Titulados en Ciencias da Saúde: Enfermería, Fisioterapia, Medicina, Farmacia, Nutrición e Dietética, Veterinaria.
  • Titulados en Ciencias da Vida: Bioloxía, Ciencias do Mar.
  • Titulados en Ciencias Agro-Alimentarias: Enxeñaría técnica agrícola, Ciencia e tecnoloxía alimentaria. Deben realizar créditos adicionais sobre formación básica.
  • Outros titulados que a Comisión Académica do Máster considere que podan ter acceso a esta formación a partir da avaliación do seu expediente académico.