As competencias do Máster en Nutrición veñen determinadas e deseñadas a partir da normativa xeral estatal (fundamentalmente, o Real Decreto 1393/2007, do 29 de outubro, polo que se establece a ordenación dos ensinos universitarios oficiais e o Real Decreto 861/2010, do 2 de xullo, polo que se modifica o Real Decreto anterior.

  • CB1 Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación.
  • CB2 Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
  • CB3 Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
  • CB4 Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades.
  • CB5 Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en gran medida autodirixido ou autónomo.
  • CG1 Adquirir coñecementos avanzados e demostrar, nun contexto de investigación científica e tecnolóxica ou altamente especializado, unha comprensión detallada e fundamentada dos aspectos teóricos e prácticos e da metodoloxía de traballo nun ou máis campos de estudo.
  • CG2 Saber aplicar e integrar os seus coñecementos, a comprensión destes, a súa fundamentación científica e as súas capacidades de resolución de problemas en contornas novas e definidas de maneira imprecisa, incluíndo contextos de carácter multidisciplinar tanto investigadores como profesionais altamente especializados.
  • CG3 Saber avaliar e seleccionar a teoría científica adecuada e a metodoloxía precisa dos seus campos de estudo para formular xuízos a partir de información incompleta ou limitada incluíndo, cando sexa preciso e pertinente, unha reflexión sobre a responsabilidade social ou ética ligada á solución que se propoña en cada caso.
  • CG4 Ser capaces de predicir e controlar a evolución de situacións complexas mediante o desenvolvemento de novas e innovadoras metodoloxías de traballo adaptadas ao ámbito científico/investigador, tecnolóxico ou profesional concreto, en xeral multidisciplinar, no que se desenvolva a súa actividade.
  • CE1 Saber integrar os principios básicos do metabolismo intermediario e do seu control encimático e endocrinolóxico.
  • CE2 Adquirir coñecementos do destino e a función das principais moléculas combustibles: glúcidos, lípidos e proteínas.
  • CE3 Adquirir e dominar o fundamento metodolóxico da cuantificación da concentración e actividade hormonais.
  • CE4 Adquirir coñecementos avanzados sobre a estrutura, relacións e funcións dos órganos endocrinos e as hormonas e metabolitos.
  • CE5 Ser capaz de desenvolver réximes nutricionais para a intervención en patoloxía humana.
  • CE6 Ser capaz de desenvolver seguimentos da calidade hixiénico sanitaria.
  • CE7 Ser capaz de facer unha valoración de composición corporal.
  • CE8 Saber recoñecer o papel dos nutrientes (hidratos de carbono, lípidos, proteínas e minerais) abarcando o estudo dos procesos de dixestión, absorción e metabolización.
  • CE9 Saber avaliar a relación entre hábitos alimentarios e prevalencia de enfermidades crónicas.
  • CE10 Ser capaz de facer unha valoración nutricional individualizada.
  • CE11 Ser capaz de elaborar unha dieta controlada a partir de alimentos e recursos enerxéticos.
  • CE12 Ser capaz de planificar dietas a nivel individual e colectivo en distintas situacións fisiolóxicas e/ou patolóxicas e de elaborar un menú-dieta axustado á idade, condición física, traballo, actividade e patoloxía específica de maneira concreta para un suxeito.
  • CE13 Entender as principais pautas e indicacións de dieta nas patoloxías ambulatorias máis frecuentes, especialmente na diabetes e a obesidade, ademais de hiperlipemia, alteracións do metabolismo proteico, celíacos, metabolopatías de aminoácidos, etc.
  • CE14 Adquirir coñecementos da regulamentación española e europea de manipuladores de alimentos.
  • CE15 Adquirir coñecementos das técnicas de conservación e envasado dos alimentos.
  • CT1 Saber transmitir dun modo claro e sen ambigüidades a un público especializado ou non, resultados procedentes da investigación científica e tecnolóxica ou do ámbito da innovación máis avanzada, así como os fundamentos máis relevantes sobre os que se sustentan.
  • CT2 Desenvolver a autonomía suficiente para participar en proxectos de investigación e colaboracións científicas ou tecnolóxicas dentro do seu ámbito temático, en contextos interdisciplinares e, no seu caso, cun alto compoñente de transferencia do coñecemento (segundo BOE nº185 do 3 de Agosto de 2011, páx. 87916).
  • CT3 Ser capaces de asumir a responsabilidade do seu propio desenvolvemento profesional e da súa especialización nun ou máis campos de estudo.