Criterios de admisión
Segundo o establecido no art. 4.3 do Regulamento de estudos oficiais de posgrao da Universidade de Vigo, aprobado polo Consello de Goberno o 14 de marzo de 2007 e modificado polo Consello de Goberno o 16 de abril de 2010, o 8 de febreiro de 2012 e o 18 de decembro de 2012, a selección do alumnado corresponde á Comisión Académica do Máster.
A selección farase en función de:
- Expediente académico.
- Curriculum vitae en aspectos relacionados coa temática do Máster.
- Resto do curriculum vitae (experiencia profesional, bolsas obtidas, cursos, etc.).
- Coñecemento de linguas de uso habitual en literatura científica (inglés).
- Entrevista persoal se fose necesario.
- Probas específicas de aptitude se fose necesario.
- Calquera outro criterio que poida ser establecido pola Comisión Académica do Máster nalgún momento.
Ademais de cumprir os requisitos necesarios para a súa admisión, valorarase positivamente que os nosos alumnos cumplan as seguintes competencias transversais:
- Capacidade de aprendizaxe.
- Capacidade de adaptación aos cambios.
- Actitude positiva.
- Capacidade de asumir responsabilidades.
- Capacidade de comunicación oral e escrita.
- Capacidade de planificación, coordinación e organización.
- Capacidade de resolución de conflitos e problemas.
- Capacidade de traballo en equipo.
- Capacidade de análise.
- Capacidade de traballo independente.
Procedemento de admisión
Con carácter previo, realizaráse unha preinscrición no prazo establecido para os Máster con carácter oficial. Ésta realizaráse mediante a presentación aos órganos administrativos correspondentes dun formulario de preinscrición, acompañado da documentación necesaria, que posteriormente será enviada á Comisión Académica do Máster para a súa valoración.
Preinscrición na UVigo
Unha vez finalizado o período de preinscrición, publicaránse nesta páxina web, ademáis de nos taboleiros de anuncios do centro e por calquera outro medio que estipule a Universidade de Vigo, as listas provisionais de estudantes “preinscritos” e “os preinscritos con subsanación”. Estos últimos disporán de varios días hábiles para aportar a documentación que lles falta e pasar a preinscritos provisionais.
Unha vez publicadas as listas definitivas de estudantes “preinscritos” levaráse a cabo o proceso de selección, se procede.
A Comisión Académica do Máster seleccionará entre os alumnos solicitantes, en base aos sistemas de admisión e criterios de valoración, que en calquera caso basearanse sempre nos principios de mérito e capacidade.