Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo

Obxectivos

O obxectivo do Mestrado Universitario en Nutrición é ofrecer unha titulación especializada no ámbito da nutrición, que ofreza unha sólida formación tanto de carácter experimental como clínico.

Os obxectivos formativos xerais do Mestrado en Nutrición son:

  • O desenvolvemento de competencias intelectuais, organizativas, sociais e comunicativas adecuadas ao traballo académico e/ou profesional.
  • Técnicas de traballo avanzado en grupo.
  • Presentacións orais. Os nosos alumnos deben ser capaces de comunicar as súas conclusións e coñecementos e as razóns que as sustentan. Aínda mais, deben ser capaces de facelo, tanto dirixíndose a públicos expertos como inexpertos como se contempla nos descriptores de Dublín.
  • A aprendizaxe autónoma e autodirixida: Os alumnos deben posuír habilidades de aprendizaxe que lles permitan estudar de modo independente.
  • O pensamento crítico: Neste obxectivo xeral o noso Mestrado segue a pauta marcada polos descriptores de Dublín, nos que se establece que os alumnos demostrarán ter a capacidade de formular xuízos a partir dunha información incompleta.
  • A investigación independente: Segundo os descriptores de Dublín, ao remate do Mestrado, os alumnos deben posuír coñecementos que lle acheguen unha base de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas. Así, facemos noso o obxectivo de ensinar aos alumnos para realizar unha investigación independente a través dos coñecementos adquiridos no Mestrado.
  • O uso de tecnoloxías.
  • A xestión do tempo e organización.
  • O traballo interdisciplinario e transdisciplinario.
  • O rigor e a responsabilidade no traballo.
  • A capacidade de adaptación ás novas situacións e contornas profesionais de carácter intercultural: Este obxectivo noso está directamente relacionado cun dos descriptores de Dublín, no que se pretende que os alumnos saiban aplicar coñecementos e comprensión a través da capacidade de resolución de problemas en contornas novas e pouco coñecidas dentro de contextos máis amplos.

Os obxectivos formativos específicos do Mestrado (que son os que se detallan no título) son:

  • Adquirir coñecementos e habilidades que acheguen unha formación de alto nivel nas bases teóricas e prácticas da endocrinoloxía molecular, fisioloxía e fisiopatología endocrina, así como en investigación nocións que permitan unha comprensión global da patoloxía endocrina máis frecuente.
  • Adquirir coñecementos, habilidades e destrezas que acheguen e complementen unha formación teórica e práctica nas bases fisiolóxicas da nutrición e a dietética desde un punto de vista integrador, así como das técnicas de manipulación, conservación e preparación de alimentos.
  • Aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas novas e pouco coñecidas dentro de contextos máis amplos relacionados coa nutrición ou a endocrinoloxía.