Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo

Coordinación

Coordinador

Lucas C. González Matías

Profesor Titular de Fisioloxía
CINBIO - Módulo 1
Campus Lagoas-Marcosende
36310 Vigo
+34 986 130 138

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

Secretario da Comisión Académica

Alejandro L. De Carlos Villamarín

Profesor Titular de Bioquímica
Facultade de Bioloxía
Campus Lagoas-Marcosende
36310 Vigo
+34 986 812 576

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

Funcións do Coordinador e da Comisión Académica


O Regulamento de Estudos Oficiais de Posgrao da Universidade de Vigo (REOP), aprobado polo Consello de Goberno o 14 de marzo de 2007 e modificado o 16 de abril de 2010, o 8 de febreiro de 2012 e o 18 de decembro de 2013, regula a composición e funcións das Comisións Académicas dos Mestrados (CAM). Na última modificación revisáronse e modificaron polo Consello de Goberno da Universidade os artigos 4 e 5 do regulamento referentes á Organización, xestión e asignación de docencia dos estudos oficiais de Mestrado.

Funcións da Comisión Académica


  • Elaborar, e no seu caso, modificar o regulamento de réxime interno da propia comisión, o cal deberá ser remitido á Comisión de Estudos de Posgrao para a súa aprobación.
  • Vixiar o cumprimento da actividade docente e académica (cumprimento de horarios de clases e titorías, depósito da guía docente das materias na secretaria do centro de adscrición do Mestrado) e velar pola dispoñibilidade dos espazos (aulas, laboratorios, equipos de vídeo conferencia, etc.), en coordinación co centro.
  • Seleccionar os estudantes admitidos no programa.
  • Emitir informe para o recoñecemento de créditos conforme á normativa da Universidade de Vigo.
  • Elaborar o POD/ PDA do Mestrado no prazo establecido pola Universidade. Para o POD, a CAM poderá contar con persoal docente da Universidade de Vigo, así como con profesorado externo cualificado. A elección do persoal docente deberá cumprir cos criterios obxectivos que aprobe a CAM.
  • Aprobar a distribución do orzamento asignado ao Mestrado.
  • Todas aquelas que lle sexan encomendadas polo Centro responsable do Mestrado, relativas á organización académica da titulación.

Funcións do Coordinador


  • Ser o interlocutor do Mestrado cos servizos e órganos de goberno da Universidade de Vigo.
  • Ser o responsable de decidir as actividades para desenvolver que teñan repercusión orzamentaria.
  • Ser o último responsable de cumprimentar e pechar as actas de cualificación.
  • Calquera outra que lle encomende a CAM ou o centro.