Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo

Criterios de Admisión

Criterios de admisión


Según o establecido no art. 4.3 do Regulamento de estudos oficiais de posgrao da Universidade de Vigo, aprobado polo Consello de Goberno o 14 de marzo de 2007 e modificado polo Consello de Goberno o 16 de abril de 2010, o 8 de febreiro de 2012 e o 18 de decembro de 2012, a selección do alumnado corresponde á Comisión Académica do Mestrado.

A selección farase en función de:

  • Expediente académico.
  • Curriculum vitae en aspectos relacionados coa temática do Mestrado.
  • Resto do curriculum vitae (experiencia profesional, bolsas obtidas, cursos, etc.).
  • Coñecemento de linguas de uso habitual en literatura científica (inglés).
  • Entrevista persoal se fose necesario.
  • Probas específicas de aptitude se fose necesario.
  • Calquera outro criterio que poida ser establecido pola Comisión Académica do Mestrado nalgún momento.

Ademais de cumprir os requisitos necesarios para a súa admisión, valorarase positivamente que os nosos alumnos cumplan as seguintes competencias transversais:

  • Capacidade de aprendizaxe.
  • Capacidade de adaptación aos cambios.
  • Actitude positiva.
  • Capacidade de asumir responsabilidades.
  • Capacidade de comunicación oral e escrita.
  • Capacidade de planificación, coordinación e organización.
  • Capacidade de resolución de conflitos e problemas.
  • Capacidade de traballo en equipo.
  • Capacidade de análise.
  • Capacidade de traballo independente.

Procedemento de Admisión


Con carácter previo, realizaráse unha preinscrición no prazo establecido para os Mestrados con carácter oficial. Ésta realizaráse mediante a presentación aos órganos administrativos correspondentes dun formulario de preinscrición, acompañado da documentación necesaria, que posteriormente será enviada á Comisión Académica do Mestrado para a súa valoración.

ENLACE SECCIÓN PREINSCRICIÓN NA WEB DE UVIGO

Unha vez finalizado o período de preinscrición, publicaránse nesta páxina web, ademáis de nos taboleiros de anuncios do centro e por calquera outro medio que estipule a Universidade de Vigo, as listas provisionais de estudantes “preinscritos” e “os preinscritos con subsanación”. Estos últimos disporán de varios días hábiles para aportar a documentación que lles falta e pasar a preinscritos provisionais.

Unha vez publicadas as listas definitivas de estudantes “preinscritos” levaráse a cabo o proceso de selección, se procede.

A Comisión Académica do Mestrado seleccionará entre os alumnos solicitantes, en base aos sistemas de admisión e criterios de valoración, que en calquera caso se basearán sempre nos principios de mérito e capacidade.