Logotipo Universidade de Vigo

Select your language

O Traballo Fin de Máster consiste nun proxecto teórico-práctico sobre temas de nutrición desenvoltos durante o mestrado, con especial énfase nos aspectos prácticos, clínicos e de investigación.

Este traballo constará dunha formulación inicial que derivará da discusión persoal entre alumno e titor, revisión bibliográfica do tema, implementación da metodoloxía, desenvolvemento e seguimento do procedemento clínico ou experimental, análise e valoración e graficado dos resultados, e conclusións do proxecto.

A comisión académica do Máster en Nutrición determinou que os TFMs deben pertencer a unha das seguintes categorías:

  • Bibliográfico. A proposta do profesor titor. Sen experimentalidade.
  • Desenvolvemento de contidos do Máster. A proposta do profesor desenvolveráse de forma práctica e aplicada algún dos contdos impartidos en calquera das materias do mestrado. Experimentalidade media-baixa.
  • Experimental. A proposta do profesor titor se desenvolveráse un traballo de investigación incluido nas líñas do grupo de investigación correspondente. Experimentalidade media-alta.

Calquera profesor incluido no cuadro docente do mestrado poderá ser titor do Traballo Fin de Máster, e cualquera outro profesor sempre que o trabajo sexa codirixido por un titor académico profesor do mestrado.

 

Curso académico 2025/2026

Documentos do TFM

 

Entrega do TFM

Ademais da copia dixital depositada coa solicitude de defensa na aplicación SIGMA, entregaranse dúas copias en papel do seguinte modo:

  1. Vigo: Conserxería do Edificio Olimpia Valencia CACTI-CINBIO nun paquete ou sobre dirixido a Lucas González Matías.
  2. Ourense: Conserxería da Facultade de Ciencias nun paquete ou sobre dirixido a: Lucas González Matías, Edificio Olimpia Valencia CACTI-CINBIO Universidade de Vigo 36310-Vigo.
  3. Por correo ordinario: Lucas González Matías, Edificio Olimpia Valencia CACTI-CINBIO – Universidade de Vigo, 36310-Vigo.

 

Datas de defensa do TFM

Convocatoria Visto e prace do titor Solicitude defensa Defensa (horario e tribunais)
Febreiro Do 29 de xaneiro ao 4 de febreiro de 2026 Do 29 de xaneiro ao 8 de febreiro de 2026 Ourense ou Vigo: 11 de febreiro de 2026 ás 9:00 h
Xullo Do 29 de xuño ao 3 de xullo de 2026 Do 29 de xuño ao 5 de xullo de 2026 Ourense ou Vigo: 9 de xullo de 2026 ás 9:00 h
Ourense ou Vigo: 10 de xullo de 2026 ás 9:00 h