Máster Universitario en Nutrición
A nutrición e todos os aspectos relacionados que inclúen a patoloxía por alteracións metabólicas máis frecuentes, é unha da áreas da biomedicina que experimentou un maior avance nos últimos anos, e unha das que presenta un lugar de traballo máis atractivo, tanto desde o punto de vista da investigación como da clínica. Os continuos avances tecnolóxicos e a elevada prevalencia de determinadas enfermidades endocrino-metabólicas (como a diabetes, a obesidade, enfermidades cardiovasculares, hipertensión, etc) determinan a necesidade de contar con profesionais cada vez mellor formados no seu ámbito para poder dar unha axeitada resposta aos problemas socio-sanitarios que se presentan, pero tamén cunha sólida formación académica que lles permita adaptarse aos continuos avances científicos e tecnolóxicos.