O Traballo Fin de Máster consiste nun proxecto teórico-práctico sobre temas de nutrición desenvolvidos durante o Máster, con especial énfase nos aspectos prácticos, clínicos e de investigación.

Este traballo constará dun plantexamento inicial que derivará da discusión persoal entre alumno e titor, revisión bibliográfica do tema, implementación da metodoloxía, desenvolvemento e seguimento do procedemento clínico ou experimental, análise e valoración e graficado dos resultados, e conclusións do proxecto.

Calquera profesor incluido no cadro docente do Máster poderá ser titor do Traballo Fin de Máster, e calquera outro profesor sempre que o traballo sexa codirixido por un titor académico profesor do máster.

Regulamento do TFM

 

Curso académico 2022/2023

Documentos do TFM

Asignación do TFM

  • Asignación do TFM 2022/2023

 

Entrega do TFM

Lugares de entrega ou envío interno dende calquera conserxería da Universidade:

  1. Vigo: Conserxería do CINBIO (Centro de Investigacións Biomédicas-Universidade de Vigo) nun paquete ou sobre dirixido a Lucas González Matías.
  2. Ourense: Conserxería da Facultade de Ciencias nun paquete ou sobre dirixido a: Lucas González Matías, CINBIO (Centro de Investigacións Biomédicas-Universidade de Vigo) 36310-Vigo.
  3. Por correo ordinario: Lucas González Matías, Centro de Investigacións Biomédicas (CINBIO) – Universidade de Vigo, 36310-Vigo.

 

Datas de defensa do TFM

Convocatoria Visto e prace do titor Solicitude defensa Defensa (horario e tribunais)
Febreiro Do 30 de xaneiro ao 3 de febreiro de 2023 Do 30 de xaneiro ao 5 de febreiro de 2023 Ourense ou Vigo: 8 de febreiro de 2023 ás 9.00 h
Xullo Do 3 ao 7 de xullo de 2023 Do 3 ao 9 de xullo de 2023 Ourense: 13 de xullo de 2023 ás 9.00 h
Vigo: 14 de xullo de 2023 ás 9.00 h