Máster Universitario en Nutrición

Presentación


Benvidos á web do título oficial de: Máster Universitario en Nutrición pola Universidade de Vigo.

A nutrición e todos os aspectos relacionados que inclúen a patoloxía por alteracións metabólicas máis frecuentes, é unha das áreas da biomediciña que experimentou un maior avance nos últimos anos, e unha das que presenta un lugar de traballo máis atractivo, tanto dende o punto de vista da investigación coma da clínica. Os continuos avances tecnolóxicos e a elevada prevalencia de determinadas enfermidades endocrino-metabólicas (como a diabetes, a obesidade, enfermedades cardiovasculares, hipertensión, etc.) determinan a necesidade de contar con profesionais cada vez mellor formados no seu ámbito para poder dar unha axeitada resposta aos problemas socio-sanitarios que se presentan, pero tamén cunha sólida formación académica que lles permita adaptarse aos continuos avances científicos e tecnolóxicos.

O Máster en Nutrición da Universidade de Vigo foi deseñado para proporcionar unha titulación orientada a:

  • A Formación específica en nutrición para a saúde, colectividades e deporte.
  • A Formación xeral en nutrición en patoloxía e institucións sanitarias.
  • A Formación en investigación en nutrición e que permita o posterior desenvolvemento do Programa de Doutoramento en Endocrinoloxía.

Avisos


MATRICULA 2017/2018

3º prazo: preinscrición:
Do 25 ao 27 de setembro de 2017

IR Á SECCIÓN NESTA WEB


COMEZO DO CURSO 2017-2018:

13 de outubro de 2017
(enviarase un correo informativo previamente aos alumnos matriculados)

Descrición do Título


Datos xerais do Título
Data publicación RUCT Consello de Ministros: 15/04/2011 (BOE 11/05/2011)
Publicación Plan de Estudos: 21/04/2012 (BOE 28/05/2012)
Curso académico implantación 2008/2009
ID MEC 4311048
ID Verifica 0898/2009
Rama do coñecemento Ciencias da Saúde
Duración programa (créditos/anos) 60 E.C.T.S. / 1
Tipo de ensinanza Oficial (adaptada ao EEES)
Modalidade Semipresencial
Lingua de impartición Español
Lugar de impartición Campus de Ourense e Campus de Vigo (Videoconferencia)
Profesión regulada Non habilita para profesión regulada

Objetivos


O obxectivo do Máster Universitario en Nutrición é ofrecer unha titulación especializada no ámbito da nutrición, que ofreza unha sólida formación tanto de carácter experimental coma clínico.

Os obxectivos formativos xerais do Máster en Nutrición son:

  • O desenvolvemento de competencias intelectuais, organizativas, sociais y comunicativas axeitadas ao traballo académico e/ou profesional.
  • Técnicas de traballo avanzado en grupo.
  • Presentacións orais. Os nosos alumnos deben ser capaces de comunicar as súas conclusións e coñecementos e as razóns que as sustentan. Aínda máis, deben ser capaces de facelo, tanto dirixíndose a públicos expertos coma inexpertos como se contempla nos descriptores de Dublín.
  • A aprendizaxe autónoma e autodirixida: Os alumnos deben posuír habilidades de aprendizaxe que lles permitan estudar dun xeito independente.
  • O pensamiento crítico: Neste obxectivo xeral o noso Máster segue a pauta marcada polos descriptores de Dublín, nos que se establece que os alumnos amosarán ter a capacidade de formular xuízos a partir dunha información incompleta.
  • A investigación independiente: Según os descriptores de Dublín, ao término do Máster, os alumnos deben posuír coñecementos que lle aporten unha base para poder ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas. Así, facemos noso o obxectivo de ensinar aos alumnos a realizar unha investigación independente a través dos coñecementos adquiridos no Máster.
  • O uso de tecnoloxías.
  • A xestión do tempo e organización.
  • O traballo interdisciplinario e transdisciplinario.
  • O rigor e a responsabilidade no traballo.
  • A capacidade de adaptación ás novas situacións e contornas profesionais de carácter intercultural: Este obxectivo noso está directamente relacionado cun dos descriptores de Dublín, no que se pretende que os alumnos sexan capaces de aplicar coñecementos e comprensión a través de capacidade de resolución de problemas en entornos novos e pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos.

Destinatarios


O Máster Universitario en Nutrición está dirixido a aqueles alumnos ou profesionais con coñecementos adquiridos en titulacións fundamentalmente de ciencias da saúde e ciencias experimentais, que queren especializarse e profundizar tanto a nivel académico coma profesional no ámbito da nutrición.

Saídas Profesionais


O Máster Universitario en Nutrición permite a especialización dun amplo colectivo de profesionais que desenvolven o seu traballo dentro do ámbito da nutrición, xa sexa no sector privado coma no público.

No ámbito académico da Universidade de Vigo, a realización deste máster permite o acceso ao Programa de Doutoramento de Endocrinoloxía, interuniversitario coa Universidade de Santiago de Compostela.