Máster Universitario en Nutrición

PREZO

Decreto 65/2017, do 6 de xullo, polo que se fixan os prezos correspondentes aos estudos conducentes á obtención de títulos oficiais na ensinanza universitaria para o curso 2017/2018.


Resolución reitoral (29/05/2017) que derroga as resolucións anteriores sobre exencións, axudas e subvencións de prezos públicos por servizos académicos na Universidade de Vigo*.

* Todas as persoas que se matriculen en estudos oficiais na Universidade de Vigo, e que teñan dereito, no momento de formalizar a matricula, a unha ou varias exencións, axudas ou subvencións, deberán marcalas no momento de realizar a matricula, e acreditalas no prazo de entrega de documentación que se indica no anexo correspondente de cada convocatoria de matrícula, excepto o dereito de subvención por ser persoal titular ou beneficiario do SUG e/ou por ser bolseiro, que non son necesarios acreditalos documentalmente na secretaria do centro de matrícula pero que sí que hai que marcalos.

Ademáis, a partir deste curso académico 2017/2018, todo o alumnado que se matricule en estudos oficiais na Universidade de Vigo e teña dereito a unha axuda ou subvención por ser titular ou beneficiario como persoal dunha Universidad do SUG, deberá solicitar dita subvención según a resolución reitoral, que cada ano se estableza, pola que se convocan axudas e subvencións para o persoal das Universidades públicas galegas para a matrícula en estudos oficiais na Universidade de Vigo no curso académico correspondente. (Para este curso Resolución Reitoral 29/05/2017).

NÚMERO DE PRAZAS
24 Prazas
22 nacionais | 2 estranxeiros

INFORMACIÓN

Ärea de Posgrao
Edificio Xurídico-Empresarial
As Lagoas, s/n, 32004, Ourense

988 368 803 | 988 368 909 | 988 368 910
popinfo@uvigo.es

Admisión e Selección


Según o RD 1393/2007, polo que se establece o ordeamento das ensinanzas universitarias oficiais (B.O.E. nº 260, de 30 de outubro de 2007) terán acceso ao Máster quenes reúnan algún dos seguintes requisitos:

  1. Para acceder ás ensinanzas oficiais de Máster será necesario estar en posesión dun título universitario oficial español ou outro expedido por unha institución de educación superior do Espazo Europeo de Educación Superior que facultan no país expedidor do título para o acceso a ensinanzas de máster.
  2. Asímesmo, poderán acceder os titulados conforme a sistemas educativos alleos ao Espazo Europeo de Educación Superior sen necesidade da homologación dos seus títulos, previa comprobación pola Universidade de que aqueles acreditan un nivel de formación equivalente aos correspondentes títulos universitarios oficiais españoles e que facultan no país expedidor do título para o acceso a ensinanzas de posgrao. O acceso por esta vía non implicará, en ningún caso, a homologación do título previo de que esté en posesión o interesado, nin o seu recoñecemento a outros efectos que o de cursar as ensinanzas de Máster.

Priorizaránse ademáis da prelación anterior, as seguintes titulacións ou circunstancias:

  1. Titulados en Ciencias da Saúde: Enfermería, Fisioterapia, Mediciña, Farmacia, Nutrición e Dietética, Veterinaria.
  2. Titulados en Ciencias da Vida: Bioloxía, Ciencias do Mar.
  3. Titulados en Ciencias Agro-Alimentarias: Enxeñaría técnica agrícola, Ciencia e tecnoloxía alimentaria. Deben realizar créditos adicionais sobre formación básica.
  4. Outros titulados que a Comisión Académica do Máster considere que podan ter acceso a esta formación a partir da avaliación do seu expediente académico.

Según o establecido no art. 4.3 do Regulamento de estudos oficiais de posgrao da Universidade de Vigo, aprobado polo Consello de Goberno o 14 de marzo de 2007 e modificado polo Consello de Goberno o 16 de abril de 2010, o 8 de febreiro de 2012 e o 18 de decembro de 2012, a selección do alumnado corresponde á Comisión Académica do Máster.

A selección se fará en función de:

  • Expediente académico.
  • Curriculum vitae en aspectos relacionados coa temática do Máster.
  • Resto del curriculum vitae (experiencia profesional, becas obtidas, cursos, etc.).
  • Conocimiento de linguas de uso habitual en literatura científica (inglés).
  • Entrevista persoal se fora necesario.
  • Probas específicas de aptitude se fora necesario.
  • Calquera outro criterio que poda ser establecido pola Comisión Académica do Máster nalgún momento.

Ademáis de cumplir os requisitos necesarios para a súa admisión, valoraráse positivamente que os nosos alumnos cumplan as seguintes competencias transversais:

  • Capacidade de aprendizaxe.
  • Capacidade de adaptación aos cambios.
  • Actitude positiva.
  • Capacidade de asumir responsabilidades.
  • Capacidade de comunicación oral e escrita.
  • Capacidade de planificación, coordinación e organización.
  • Capacidade de resolución de conflictos e problemas.
  • Capacidade de traballo en equipo.
  • Capacidade de análise.
  • Capacidade de traballo independente.

Con carácter previo, realizaráse unha preinscrición no prazo establecido para os Másteres con carácter oficial. Ésta realizaráse mediante a presentación aos órganos administrativos correspondentes dun formulario de preinscrición, acompañado da documentación necesaria, que posteriormente será enviada á Comisión Académica do Máster para a súa valoración.

ENLACE SECCIÓN PREINSCRICIÓN NA WEB DE UVIGO

Unha vez finalizado o período de preinscrición, publicaránse nesta páxina web, ademáis de nos taboleiros de anuncios do centro e por calquera outro medio que estipule a Universidade de Vigo, as listas provisionais de estudantes “preinscritos” e “os preinscritos con subsanación”. Estos últimos disporán de varios días hábiles para aportar a documentación que lles falta e pasar a preinscritos provisionais.

Unha vez publicadas as listas definitivas de estudantes “preinscritos” levaráse a cabo o proceso de selección, se procede.

A Comisión Académica do Máster seleccionará entre os alumnos solicitantes, en base aos sistemas de admisión e criterios de valoración, que en calquera caso se basearán sempre nos principios de mérito e capacidade.

Calendario de preinscrición e matrícula


Calendario de preinscrición e matrícula para estudos de posgrao - curso 2017/2018 (UVIGO)


Este é o calendario de datas de interese relativas á preinscrición e matrícula no Máster en Nutrición para o curso 2017/2018:

Calendario de preinscrición e matrícula curso 2017/2018
Prazo Proceso Data
1º PRAZO Preinscrición: do 21 de xuño ao 3 de xullo de 2017
Listaxe provisional: 11 de xullo de 2017: listaxe
Reclamacións: do 12 ao 14 de xullo de 2017
Listaxe definitiva: 18 de xullo de 2017: listaxe
Matrícula: do 19 ao 24 de xullo de 2017
2º PRAZO Preinscrición: do 25 de agosto ao 3 de setembro de 2017
Listaxe provisional: 8 de setembro de 2017: listaxes de admitidos e excluidos
Reclamacións: do 9 ao 12 de setembro de 2017
Listaxe definitiva: 14 de setembro de 2017: listaxes de admitidos e excluidos
Matrícula: do 15 ao 18 de setembro de 2017
3º PRAZO Preinscrición: do 25 ao 27 de setembro de 2017
Listaxe provisional: 3 de outubro de 2017
Reclamacións: do 4 ao 6 de outubro de 2017
Listaxe definitiva: 11 de outubro de 2017
Matrícula: do 12 ao 13 de outubro de 2017