Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo

Traballo Fin de Mestrado

O Traballo Fin de Mestrado consiste nun proxecto teórico-práctico sobre temas de nutrición desenvolvidos durante o Mestrado, con especial énfase nos aspectos prácticos, clínicos e de investigación.

Este traballo constará dun plantexamento inicial que derivará da discusión persoal entre alumno e titor, revisión bibliográfica do tema, implementación da metodoloxía, desenvolvemento e seguimento do procedemento clínico ou experimental, análise e valoración e graficado dos resultados, e conclusións do proxecto.

Calquera profesor incluido no cadro docente do Mestrado poderá ser titor do Traballo Fin de Mestrado, e calquera outro profesor sempre que o traballo sexa codirixido por un titor académico profesor do mestrado.


Traballo Fin de Mestrado - Curso 2018/2019



Asignación do TFM

Asignación do TFM 2018/2019


Entrega do TFM

Data Límite de Entrega: Venres, 28 de xuño de 2019.

Debense aportar duas copias impresas e enviar o arquivo PDF vía mail a: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo..

Lugares de entrega ou envío interno dende calquera conserxería da Universidade:

  • VIGO: Conserxería do CINBIO (Centro de Investigacións Biomédicas-Universidade de Vigo) nun paquete ou sobre dirixido a LUCAS GONZÁLEZ MATÍAS.
  • OURENSE: Conserxería da Facultade de Ciencias nun paquete ou sobre dirixido a: LUCAS GONZÁLEZ MATÍAS, CINBIO (Centro de Investigacións Biomédicas-Universidade de Vigo) 36310-Vigo.
  • POR CORREO ORDINARIO: LUCAS GONZÁLEZ MATÍAS, Centro de Investigacións Biomédicas (CINBIO) -Universidade de Vigo, 36310-Vigo.

Datas de defensa do TFM

Convocatoria Visto e prace do titor Solicitude defensa Defensa (horario e tribunais)
Febreiro 1 de febreiro de 2019 do 4 ao 8 de febreiro de 2019 13 de febreiro de 2019: Ourense
Xullo 28 de xuño de 2019 do 1 ao 7 de xullo de 2019 11 de xullo de 2019: Ourense
12 de xullo de 2019: Vigo