Máster Universitario en Nutrición

Sistema de apoio e orientación de estudantes


A Universidade de Vigo conta cos seguintes servizos que facilitan o apoio e orientación dos estudantes unha vez matriculados:

  1. Gabinete Psicopedagóxico a disposición dos estudantes para orientalos tanto en cuestións académicas coma de índole persoal.
  2. Programa de Apoio á Integración do Alumnado con Necesidades Especiais (PIUNE) para facilitar a súa vida académica e garantir o seu dereito ao estudo.
  3. Servizo de Información, Orientación e Promoción do Estudante (S.I.O.P.E.).
  4. Orientación ao Emprego:

Bolsas e Axudas


BOLSAS E AXUDAS AO ESTUDO

A continuación facilitamos o enlace ás seccións de bolsas de diferentes organismos e institucións para estudar ensinanzas de Máster:

UNIVERSIDADE DE VIGO

Programas de mobilidade


La Oficina de Relacións Internacionais (ORI) centraliza, coordina e xestiona as actividades de cooperación internacional no seo da Universidade de Vigo, e leva a cabo, entre outras, as seguintes actividades:

  • Informa e asesora á comunidade universitaria sobre os diferentes programas internacionais no ámbito da educación superior.
  • Fomenta e xestiona a mobilidade de alumnado e profesorado propios e estranxeiros, en especial no marco dos programas Sócrates, ISEP, Bolsas MAE e programas de cooperación da Universidade de Vigo.
  • Con respecto aos estudantes da Universidade de Vigo proporciona asesoramiento aos candidatos/as seleccionados con estes programas sobre a documentación que deben presentar, e información sobre a cuantía das bolsas e posibles axudas complementarias, así coma sobre as xestións que teñen que realizar coas universidades de destino.
  • Con respecto ao profesorado da Universidade de Vigo, a ORI facilita información sobre os programas de intercambio de docencia e programas de cooperación internacional.
  • Con respecto aos estudantes estranxeiros, xestiona a aceptación dos que participan nun programa de intercambio, elabora a Guía do estudante estranxeiro e envía os paquetes informativos sobre a Universidade de Vigo, con información sobre os diferentes campus e cidades, recepción, visados, viaxe, busqueda de aloxamento, matrícula e posibilidades de estudos, en colaboración cos responsables de relacións internacionais.
  • Elabora e negocia acordos de cooperación internacional.
  • Asegura a presenza da Universidade de Vigo en foros e encontros de educación internacionais.

Alumnos estranxeiros


O alumnado estranxeiro que desexe vir á Universidade de Vigo para realizar parte dos seus estudos, preparar un proxecto o redactar unha tese, pode beneficiarse de diferentes programas especialmente deseñados para dar resposta as súas necesidades.

Máis información